5 de maio de 2015

PODEMOS CAMBADOS NON ADMITE IMITACIÓNS COMO A DE “CAMBADOS PODE” AOS QUE ACUSA DE USURPACIÓN.

"PODEMOS CAMBADOS" APOIA A CANDIDATURA DE “SOMOS CAMBADOS”
Hoxe a formación “PODEMOS CAMBADOS” ven de publicar unha nota
no seu facebook na cal rexeita imitacións como a de “CAMBADOS PODE” a que acusa de usurpación e amosa o seu apoio a candidatura “SOMOS CAMBADOS” a cal califica como de “participación cidadán". A nota en cuestión di literalmente o seguinte: 
""""Queremos ACLARAR: 1º Que, segundo se acordou asambleariamente, NON vamos a participar como PODEMOS. 2º Que sobre a candidatura de SOMOS CAMBADOS. A pesar de que por unha cuestión de tempo
non puidemos realizar un referendo telemático e, polo tanto confluír cós noso veciños nesta candidatura, cremos que se merecen un voto de confianza polo traballo realizado ó longo deste mes, fomentando a participación política dos veciños, e por respectar os valores de participación democrática que moitos de nós defendemos e reivindicamos nas rúas
dende o 15 de maio de 2011. 3º Que non permitiremos ningún tipo de USURPACION, nin sequera parcial da nosa identidade, sexan colores, símbolos ou palabras, que intenten relacionarnos con calquera outra candidatura, como esta a suceder con CAMBADOS PODE, candidatura que NON ten nada que ver con PODEMOS, e que esta intentando sementar a DUBIDA entre os cidadáns de Cambados, para aproveitarse da CONFUSION, creemos que INTENCIONADA, que provoca a súa denominación.""""

Ningún comentario: