17 de maio de 2015

SEN TRAER AUTUBUSES, SEN PAGAR CEAS, SEN TRAER XENTE DOUTROS CONCELLOS, SEN COACCIONAR POR TELEFONO, SEN TRAER “CORRUPTOS INVITADOS” E SO CON CAMBADESES PARA CAMBADESES

200 PERSOAS ASISTEN AO MITIN DE SOMOS CAMBADOS
Preto de 200 persoas asistiron ao Mitin que na tarde-noite de onte ofreceu a candidatura SOMOS CAMBADOS. 
A primeira intervención foi a de Marcos Daporta e que suliñou que Cambados necesita o cambio que Somos Cambados propón para non ter que el outros mozos coma el teñan que
emigrar como o fixeron o seu irmán e amigos.
Marcos dou paso a Maribel Iglesias, profesora del no seu momento e que describeu como decideu entrar na candidatura, ".... entrei por ser unha candidatura de cambadeses para Cambados e co ánimo de mudar as cousas de forma clara e transparente". Tras ela, Silvia Vozza,  Esther Castro, Xan Galván  e Antonio Sineiro falaron das suas vivencias e de que forma se pode mudar a situación"escura" na que viven os cambadeses,  con participación, realismo, gañas, convencimento e
verdade. 


No seu turno de Xurxo Charlín falou da necesidade e ganas de cambio que Somos Cambados representa "........un Cambados que ten que mirar máis por todos que por uns poucos como ven facendo o PP desde hai 28 anos".
Finalmente falou o número 1 da lista que baseou a sua intervención en tres puntos básicos do programa. 

A necesidade de fomentar o emprego e as oportunidades para todos, en igualdade e sen discriminación por ideoloxía, " ... algo que os cambadeses levan soportando demasiado tempo" e que con Somos Cambados non haberá.
As axudas as familias, aos maiores, aos estudantes, a fomentar o deporte base, ao fomento da creatividade da xuventude e axuda aos maiores.
E por último a transparencia no dia a dia do concello e que cada cambadés coñeza a realidade do concello, contratacións de obras ou persoal en que se gasta cada euro e a participación dos veciños nas decisións e como aportadores de ideas.

NOVA RECOLLIDA  DE CORES DE CAMBADOS.
FOTOS:  CORES DE CAMBADOS E SOMOS CAMBADOS.

Ningún comentario: