25 de maio de 2015

UNHA NOITE SEN FOGOS, PERO UNHA NOITE AGRIDOCE

OS INSULTOS EN CAMPAÑA DE LUÍS ARAGUNDE PASÁRONLLE FACTURA.
Onte foi unha noite agridoce para min. Si é ben certo que por primeira vez en 28 anos non oín os burlescos fogos populares, a dita non foi plena, pois a outra candidatura de supostamente de dereitas tamén conseguiu acta de concelleiro e o pacto co PP é mais que  previsible. Dicía o inesquecible alcalde de Madrid D. Enrique Tierno Galbán que “os programas están para incumprilos”,  espero que respecten o punto 1 do seu programa esta nova formación e non sigan o consello de Tierno.

Di un blog de Cambados moi pepero, pero demasiado pepero nun exame simplista que  practicamente todos insultaron menos Aragunde, menos mal que solo len catro “peperillos” este blog senón había que escapar de Cambados porque minte mais que escribe. Dicir que Luís Aragunde non baixou a area e non "enmerdou" que llo pregunten a Fatima Abal que lle dixo que non se podía adicar a política porque tiña fillos, nunha actitude machista e mixosena, ou a Somos Cambados dicindo que eran "basura", ou a Victor Caamaño dicíndolle
ironicamente que é “un bo rapaz” como se fora parvo,  ou a seu case seguro futuro socio de goberno Juan Carlos Abal menos preciando en mais dunha entrevista, se entrar nos insultos aos blogs progresistas. Estou seguro de que estes insultos pasáronlle factura a Aragunde nesta campaña, fai catro anos Luís non entrou nunca nun corpo a corpo con ningún dos seus rivais e menos contra os blogueiros. Todo elo sen entrar en practicas cuasimafiosas como romper os carteis doutros grupos políticos, prohibir mitins na rúa, asfaltarlle  o acceso a unha finca a un veciño por un simple voto etc. 
En definitiva eu tiven a sorte  de vivir dúas vitorias nacionalistas, que non do BNG porque o BNG nunca gañou en Cambados unhas eleccións, senón de Unidade Galega e Unión Galega, onte moitos mozos viviron por primeira vez que o PP non sacara mais de 8 oitos concelleiros e entendo que o celebren, pero o goce non é pleno. En canto aos pactos esperemos acontecementos, todo se pode dar.
XAQUIN CHARLIN "CHON".
FOTOS: LA VOZ DE GALICIA, FARO DE VIGO.

Ningún comentario: