25 de maio de 2015

VICTOR CAAMAÑO RIVAS: "NO QUE DEPENDA DO BNG O PP NON GOBERNARÁ CAMBADOS"

Tras 28 anos de desgoberno ábrese un novo tempo en Cambados. O BNG-Asembleas
Abertas e eu, persoalmente, comprometémosnos a traballar para que ese novo tempo se consolide cun goberno ao servizo de todos os cambadeses e cambadesas
Como candidato do BNG-Asembleas
Abertas quero dar os parabéns a todos os veciños e veciñas que onte deron o seu apoio á nosa candidatura, confiando en que ese  apoio  sería fundamental para rematar con 28 anos
de gobernos do PP; veciños e veciñas que nunhas circunstancias complexas debido á volatilidade electoral e ao intento de facer crer que todas as organizacións políticas somos iguais apoiaron a unha organización que sempre encabezou, no noso concello, a loita contra as políticas do PP e que ademais considera que construír un novo Cambados é
construír tamén Galiza.
A perda da maioría absoluta por parte do PP é algo no que o BNG leva traballando moitos anos consciente de que o noso concello precisa un cambio de rumbo cun goberno municipal ao servizo de todos os cambadeses e cambadesas.
Onte abriuse esa porta e pola nosa parte temos toda a disposición para construír ese concello democrático e transparente polo que apostaron onte os nosos veciños e veciñas, unha construción que vai ser complexa, pois son 28 anos de desgoberno e o panorama post-electoral no noso concello é moi fragmentado.
Un novo Cambados é posíbel sempre e cando se basee en programas e non en personalismos, programas que para o BNG-Asembleas Abertas son sempre compromisos cos veciños e veciñas. 
Víctor Caamaño Rivas

Ningún comentario: