10 de xuño de 2015

ASEMBLEA XERAL NA CONFRARÍA DE CAMBADOS

O  VINDEIRO SÁBADO ÁS 19.00HORAS 
O sábado é un dia moi activo na nosa vila pois mentres pola mañá elixise o novo alcalde, ou o mellor segue o mesmo, no Concello de Cambados, a tarde na confraría o equipo que tan ben lidera Perto Costa, celebra tamén asemblea co único punto do orde do dia: Estado de contas da Confraría de Cambados.
A situación económica que deixou o anterior equipo da confraría liderado por Benito González foi realmente
calamitoso, por dicir un adxectivo suave, débedas e mais débedas que o actual equipo trata de eliminar con moito esforzo e con moito traballo. Aínda pesa sobre a confraría a espada de Damocles  de devolución da suposta sobrevaloración do barco Tragove que ascende a preto de 100.000 euros e que ten a Benito como imputado nos xulgados de Cambados ademais de outros procedementos.
A asemblea é as 19 horas nos salón de actos da confraría.
FOTOS:FARO DE VIGO.

Ningún comentario: