29 de xuño de 2015

BIRDMAN, OU A INESPERADA VIRTUDE DA IGNORANCIA

Un artigo de Óscar Manuel Núñez.
Na xeira de artigos onde fago un paralelismo entre o mundo do celuloide e a realidade política   tócalle  o turno a un dos filmes máis potentes que ollei nunca,
algo que non é de estranar cando detrás da cámara está un xenio coma o Mexicano Alejandro González Iñárritu (Amores
Perros, 21 gramos, Babel e Biutiful). Conta a historia  dun actor que probara as meles do éxito para perdelo de súpeto e percura a súa redención noutro espazo fora do cine, algo semellante ao que lle está a ocorrer ao que fora “primeiro dos Cambadeses”, Luis Aragunde, que pasou de seren gobernante a estar na Oposición.  Busca no “teatro” a gloria pasada e faino co ahínco propio daqueles homes que teñen amor propio. Na despedida coma Alcalde xurou voltar con renovados azos e xunto ao seu equipo de goberno  tomalo mando de novo. Irreprochable.
Na súa bagaxe política hai experiencia liderando un proxecto  porén  a oposición  é algo novo para él. Un dos eixos que a democracia estipula consagrada polo uso e santificado pola tradición (hoxe estou algo Bíblico por algo é domingo)  é un periodo de “gracia” á Corporación entrante,  de tal guisa que para ter ecos na Eternidade  e deixar as claras a súa boa fe repetíu este axioma.  Pos ben:  resulta que abro o seu Blog, leo aos seus ex asesores que se ocultan en Internet baixo
perfís falsos (algo cobarde e mezquino), leo a Prensa e por si alguén tiña algunha dúbida é un hipócrita e un mentiroso.  Aínda  está en estado de schock desde o día 13 de Xuño sin aceptar  que os veciños cos seus votos o enviaron á Oposición. Pode ser que calquera día apareza correndo pola vila en calzóns coma Michael Keaton no filme de Iñárritu;  despós das barbaridades que leo é o último que lle faltaba.
Inestabilidade e despropósito son algunha das palabras coas que descrebe a chegada de Fátima Abal e os seus cabaleiros que queren facer de Cambados un guiñapo segundo a súa mente calenturienta.  Amor incondicional polo PP e pola súa vila non lle faltan a Luis, está inmerso baixo as tribulacións do supremo artista asemade non é consciente do que deixa atrás, unha vila desfeita resultado de 28 anos de goberno Popular ( 6 concretamente con él ao mando ). Chegou a crise económica e non soubo medilos tempos, esqueceu a cercanía e a proximidade cos veciños que tiña cando era Xerente na Lonxa para se converter nun Alcalde de
Despacho. Traxes, viaxes, dietas e a súa corte tras él facendo gala de tódolos privilexios e prevendas habidos e por haber esquecendo que non se pode empregar un cargo público ou unha Institución coma o teu dominio cando non é tal: é a casa do pobo froito da loita obreira e da  acción social.  Cegouno o poder nunha palabra e esqueceu que un cargo público ten que ser un espello para os veciños, que non se pode presumir do que teño e decirte do que careces. O pobo víuno namentras  estaba  (e está) a pasalas  putas e lle meteu un castigo en toda regla.  A pesares da súa política caciquil non puido paralo tsunami e o seu Cambados Fidalgo, pobre e soñador descabalgouno da súa montura. Perceval  na película Excalibur (John Boorman, 1981) saía xunto aos seus cabaleiros na percura do Santo Grial e Luis ordenou aos seus (Alberto NN.XX, Mané Galiñanes e Benito Leiro)  a recuperalo segredo que perdeu.
Descoñecía o vacío do seu espírito ata que lle deron de beber
do cáliz.  A batalla  comezou,   nin 100 días de cortesía nin gaitas de fol, ao ataque e coma reza o Éxodo (A Biblia) cando o inimigo é grande (un cuatripartito) o ataque debe ser frontal. Así entende o PP a guerra non en vano é un partido de armas, herdeiro directo do Franquismo e culpável da morte dalgúns dos intelectuais e escritores máis grandes da nosa Historia. Preparádevos para o combate por recuperalo Concello para a causa Popular.  Primeira entrega o martes 30 no Salón de Plenos da Corporación. Alí estaremos para seguir relatando o que é un espectáculo. Non sei si a política é fermosa coma dicía un dos protagonistas do filme  de Giussepe Tornatore (Baaría) pero xa que en Cambados non hai Cine polo menos temos a partir de agora  Pleno cada mes e con il  a estrea dun novo filme que xa para sí quixeran capitais de Provincia:  Cambados é Cine.
Óscar Manuel Núñez.


Ningún comentario: