XUBILOUSE COMO FUNCIONARIO DE XUSTIZA DESPOIS DE 46 ANOS DE TRABALLO.
O venres pasado celebrabamos no Resturante Acebo do Rial a merecedida despedida dun dos funcionarios con mais anos
de traballo as súas costas , o cambadés "exiliado" en Vilagarcia Joaquin Aguiño Cores, no mesmo acto tamén se xubilaba a súa muller e tamén funcionaria de xustiza Nati. Ainda non
cumprira os 17 anos e Joaquin xa estaba traballando no xulgado de Cambados, sito no actual edificio do concello (duas anos estivo de meritorio que non lle contabilizan a efectos económicos). Joaquin unha vez aprobou as oposicións no ano 1970 marchouse para Badalona, onde tamén se puxo a traballar a súa muller como funcionaria, voltando a Galicia no ano 1985,
concretamente ao recente creado xulgado de Instrucción de Vilagarcia que facia dous anos se escindira do partido xudicial de Cambados. Joaquin era man dereita do xuiz Tain nas redadas contra o narcotráfico en Arousa, evidentemente Tain non faltou a esta cita nin moitos dos funcionarios mais veteranos dos partidos xudiciais de Cambados e Vilagarcia. Joaquin antes de marchar para Badolona era coñecido en Cambados tamén como corresponsal de “El Correo Gallego”.Unha merecida xubilación, un gran funcionario, e unha gran persoa, agora a gozar coa familia.
de traballo as súas costas , o cambadés "exiliado" en Vilagarcia Joaquin Aguiño Cores, no mesmo acto tamén se xubilaba a súa muller e tamén funcionaria de xustiza Nati. Ainda non
![]() |
Catro dos funcionarios mais veteranos de Arousa, Nico, Chon, Joaquin e Giraldez. |
![]() |
Cun gran maestro e cun gran amigo. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario