15 de xuño de 2015

MENTRES OS EMPREGADOS DA CONFRARÍA ESTABAN INMERSOS NUN ERE, OUTROS FUNDÍAN 9000 EUROS SO EN COMIDAS.

Esperamos que agora  que os poucos traballadores da lonxa que tiñan os ollos pechados e defendían o anterior Patrón maior lle demanden a súa vileza de montar un ERE mentres el o os seus
amigos de cabildo fundían 9000 euros en restaurantes da zona ( e non só en restaurantes). Pero que comía esta xente,
pero que pensaban para fundir así os cartos dos mariñeiros. Non teñen vergoña.
Ademais pagábanse sobrecustos de seguros, non se dixo a que compañia. Ademais o anterior patrón maior cobraba 500 euros estando de baixa. En definitiva unha bicoca. Estes feitos denunciábaos o actual patrón maior Perto Costa  e o seu equipo na reunión do sábado e da que fixemos unha pequena referencia noutro artigo neste blog.
O mais indignante de todo e que había certos personaxes, como diciamos antes,  que traballaban na lonxa , que defendían a Benito a capa e espada e mentres eles apertaban o cinto (ERE),  O anterior patrón maior ensanchaba a cintura en festíns e comidas varias, denigrante realmente denigrante.
Que diferencia de xestión en menos dun ano o actual equipo xa ten beneficios, decímaos que a situación e moi delicada , pero seguindo este ritmo de traballo e con anos de mais traballo a Confraría vai saír adiante. Sempre confiamos neste equipo e non nos equivocabamos. Perto tamén dixo que se están a estudiar accións legais pola actual asesoria xurídica da confraria por estes feitos.
A ver o que encontran tamén agora no Concello de Cambados, o novo equipo. Xa veremos.
FOTO : FARO DE VIGO E DIARIO DE AROUSA.

Ningún comentario: