O CUATRIPARTITO DE CAMBADOS TENTA ESTA NOITE O ACORDO DEFINITIVO
PSOE, BNG, Somos Cambados e Cambados Pode retoman esta noite as negociacións para tratar de pechar o acordo de coalición para os próximos catro anos.
A reunión será ás 21.00 horas, e os catro grupos insisten en que hai vontade para selar o pacto, pese ás discrepancias que poidan existir por parte do BNG.
Sobre o encontro desta noite pronunciábase esta mañá o edil de Cambados Pode, Jose Ramón Abal, nunha improvisada rolda de prensa na Illa de As Goritas, a onde acudiu ó acto de apertura do novo aparcamento promovido por Portos de Galicia.
NOVA RECOLLIDA DE AROUSA SI RADIO SALNES.FOTOS: FARO DE VIGO E DIARIO DE AROUSA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario