O ALCALDE DE VILANOVA VAI COBRAR MOITÍSIMO MAIS QUE A ALCALDESA DE CAMBADOS.
GRAZAS A “SOMOS CAMBADOS” O GOBERNO ACTUAL NON SUPERARÁ EN CUSTES AO DE ARAGUNDE.
Todos aqueles simpatizantes e militantes do PP que dicían que os soldos dos liberados de Cambados eran ou ían ser
astronómicos, teñen que pechar a boca, pois o goberno monocolor do PP de Vilanova, supera con moito os soldos de Cambados. Hoxe podemos ler no Faro de Vigo como en Cambados vai haber tres liberacións completas e unha media liberación para SOMOS CAMBADOS, gran “culpable” de que non se superara sequera os gastos do goberno anterior de Luís Aragunde a falta de coñecer os soldos desagregados e as áreas de goberno que se coñeceran
mañá en rolda de prensa. Mentres en Vilanova terá un custo duns 185.000 euros anuais. Gonzalo Durán cobrará 50.000 euros brutos ao ano; Javier Tourís e Nuria Morgade, case 27.700 cada un; e María Carballa, 17.500. A estes catro edís liberados do PP súmanse un xefe de gabinete e un xefe de prensa que se reparten uns 52.500 euros.
![]() |
SOMOS CAMBADOS (Foto Faro de Vigo) |
![]() |
FATIMA ABAL (foto Diario de Pontevedra) |
A concello de Vilanova de Arousa ten a mesma categoría que o de Cambados e o alcalde de Vilanova, supera con moito o que vai cobrar a alcaldesa de Cambados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario