17 de xuño de 2015

OPINIÓN: A CLAVE

UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA
O pasado 25 de Abril afirmaba neste blog que no ambiente se aveciñaban
"NOVOS TEMPOS PARA CAMBADOS", un mes mais tarde o resultado das eleccións demostraban que eses novos tempos eran chegados, agora a CLAVE é como administrar a confianza que os Cambadeses depositaron nos candidatos e partidos políticos, dispostos a rexenerar a vida político-social de "todos" os Cambadeses.
Xa na quel intre dicía o por que no ambiente se respiraban aires de novos tempos, dicía que o equipo de Luís Aragunde tiña que dar moitas explicacións, e ofrecer moita transparencia na súa xestión publica, cousa que non fixo. Pero tamén dicía que a oposición presentábase con ansias de cambio, con xente nova e moi preparada dispostas a liderar un cambio de rumbo a 28 anos de goberno do PP.
Agora una vez formalizado o novo equipo de goberno, seguen pendentes varias CLAVES, para conquistar o obxectivo final, e una delas debe ser a fidelidade os principios que todos teñen de ser servidores públicos, en ter a
Cambados como obxectivo final, lonxe de intereses personais, e fora de ideoloxías máximas. Cada quen xa xogou o seu roll en conseguir os seus lexítimos intereses, con negociacións e propostas a varias bandas, que desembocaron nun goberno de progreso e de transparencia.Como digo nestas negociacións cada quen xogou o seu papel, pero creo sinceramente que una vez mais a CLAVE, estivo na apartación feita por VICTOR CAAMAÑO, que dende o primeiro momento fixo un acto de coherencia, experiencia e de recoñecida labor, quen non mudou os seus principios de anunciar o seu voto pola actual alcaldesa Fatima Abal. A todos eles sorte e a mellorar Cambados.
RICARDO LOPEZ COSTA
FOTOS: DIARIO DE AROUSA.

Ningún comentario: