28 de xuño de 2015

UN PACTO QUE ILUSIONA

FATIMA ABAL A ALCALDESA MAIS “ECONÓMICA” DO SALNÉS.
Onte sábado escenificouse o que moitos
cambadeses agardabamos dende fai moi tempo, a sinatura do pacto do cuadripartito que está a vosa disposición na web municipal. Onte presidían a mesa Fatima, Victor, Tino e José
Ramón os catro nos deixaron unha pincelada do que ía a ser o mesmo. Como non podía ser doutro xeito , fixo a presentación a Alcaldesa Fatima Abal, por certo, iso non o dixo a prensa convencional, que Fatima e a Alcaldesa mais económica do Salnés, pois é superada con creces polo alcalde de Vilanova
e polo Alcalde do Grove, que son da mesma categoría. Seguidamente falou Victor Caamaño quen entre outras cousas dixo que o pacto era a normalidade e non o que estaba a pasar estes días, amosouse cansado por estes días de tanta actividade pero coas pilas moi cargadas cara a estes ilusionantes catro anos, dixo Victor que isto ía a funcionar como un só goberno. Tino  dixo que se tivo que ceder en
cuestións difíciles, que van a traballar todos como un equipo, que os cambadeses teñen que visualizar o cambio, que van e eliminar do concello a corrupción e o clientelismo e por ultimo tocoulle a quenda o benxamín do grupo a José Ramón Abal, quen dixo que a xente de Cambados os votara para facer un goberno alternativo,  que ía haber moita transparencia, que se ía consultar aos veciños nos grandes temas (estamos seguros que se refería o da peonalización da Praza de Fefiñans), que ían a ter responsabilidade e que ían estar a altura das circunstancias. Este medio preguntoulle o cuadripartito que ía pasar coas promesas económicas que o anterior alcalde , coñecido como todos sabedes co sobrenome de “SiSi”, e dixo que se ía estudar casa por caso. Tamén lle preguntou este medio si se sabia algo das actuacións do albariño e dixo que se ía a celebrar a festa máxima e que está definitivamente “atado” o de Treixadura, así como o concerto do domingo da Banda de Música de Castrelo,  o o demais está por pechar , pero que en breve se dará a coñecer a prensa en xeral. Tamén lle preguntou este medio, esta vez directamente a Alcaldesa,  si sabia que era a mais económica dos concellos da súa categoría no Salnés, dixo que non o sabia pero que se alegraba enormemente o que arrincou o aplauso dos asistentes. Mentres a oposición adicase uns dende o seu blog como a caso de Luís Aragunde a non respectar tan sequera os 100 dias de cortesía que se lle da a todo goberno e o seus “adláteres” a seguir difamando e insultado dende webs anónimas porque non teñen o que hai que ter para dar a cara como fixeron durante os últimos anos ALZA LA VOZ CAMBADOS, CORES DE CAMBADOS  e este mesmo blog. 
Por certo queremos destacar a presencia no acto, do que ate o de agora para moitos cambadeses foi o mellor alcalde de Cambados, e ese non é outro que Xoan Antonio Pillado Silvoso, que se pode ver, de costas, nalgunha das fotos.



Ningún comentario: