26 de xuño de 2015

UNHA PRECIOSA CAMISETA COA QUE SE VAI AGASALLAR AOS PARTICPANTES NA VI CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS

O Club Atletismo Cambados ven de presentar un precioso boceto do que vai ser a camiseta de agasallo a os que particparan na VI Carreira Popular de Cambados.
A data de celebración sera o Domingo 5 de Xullo e o circuito sera o mesmo que en anos anteriores que, como todos sabedes, esta homologado pola RFEA dende o ano 2013
polo que as marcas que consigades quedaran rexistradas como oficiais.
Este ano como novidade tamén haberá medalla conmemorativa para todos/as que rematen a carreira.
Animamosvos a todos a inscribirse nesta carreira cun circuito tan rapido e bonito con saida e chegada na Praza de Fefiñans.
Para esta edición o Club Atletismo de Cambados  preparando moitas sorpresas para que todos poidades gozar dunha esplendida mañan de atletismo na nosa vila.

Ningún comentario: