UN EMPREGADO DO CONCELLO "INTENTA CAMBIAR" UN TELEFONO MÓBIL PROPIEDADE MUNICIPAL O SEU NOME.
A estas alturas da película e faltando só tres días para o pleno de constitución do concello de Cambados, só unha persoa na nosa vila sabe
quen vai ser o Alcalde de Cambados e ese non é outro que o número un de Cambados Pode. Pero por “si las moscas”
algúns están facendo cousas moi raras no concello de Cambados, aquí imos destacar dúas:
quen vai ser o Alcalde de Cambados e ese non é outro que o número un de Cambados Pode. Pero por “si las moscas”
![]() |
Podemos ver unha quina da trituradora na Secretaria. ao remate da mesa. |
1ª.- Unha trituradora de Papel na porta da Secretaria do Concello de Cambados, trituradora que nunca estivo aí nin polo de agora fixo falta no Concello,, unha vez empezou a circular por Watshap a foto da mesma a trituradora en cuestión foi retirada e introducida ao parecer na Secretaria. Dende aquí pedímoslle ao número un de Cambados Pode que aclare dunha vez o sentido do seu voto senón a algúns políticos e empregados do concello de Cambados vailles dar un infarto.
2º.- E tamén é moito mais grave , chegounos vía watshap unha solicitude dun suposto cambio de titular para empresas dun telefono móbil propiedade de Concello de Cambados e que se pon a nome dun empregado do concello. Evidentemente non imos dicir o nome do empregado en cuestión nin o seu número de telefono, pero si dicirvos que un dos empregados municipais da corda do primeiro mandatario do concello. Ignoramos o porque deste misterioso intento de troco de titular dun ben presuntamente municipal a mans privadas.
Advertirlle a algúns empregados municipais que destruír documentos públicos e un delito previsto no Código Penal e que conleva penas de presión.
Lamentable, moi lamentable o que está a pasar no Concello de Cambados e iso que non se sabe quen é o alcalde ate o día 13.
Ningún comentario:
Publicar un comentario