O Museo do Viño de Cambados acolle durante tres días este novo curso da UNED, o cal forma parte dos cursos temáticos que se celebran anualmente en dito museo. Ademáis da UNED, colaboran neste curso a Rede de
Museos de Cambados, o Concello e a Ruta do Viño Rías Baixas.
Museos de Cambados, o Concello e a Ruta do Viño Rías Baixas.
O curso foi inaugurado este martes pola alcaldesa Fátima Abal, o concelleiro de Enoturismo José Ramón Abal, a secretaria da UNED en Pontevedra María Penado e a
secretaria xeral de RECEVIN Carmen Ribes, ademáis de Alberto Ramos (director da Unidade Histórica de Estudos do Viño da Universidade de Cádiz) e Óscar Rodil (profesor de Economía Aplicada da USC), encargados de dar comezo ao curso.
Os alumnos poderán analizar durante estes tres días diferentes propostas de territorios tan diversos como Andalucía ou Portugal, ademáis de recibir formación tanto teórica como práctica, e percorrerán a Ruta do Viño Rías Baixas a través dunha visita guiada.
Este evento súmase a outros como a clausura do pasado Congreso Internacional de Enoturismo, a través dos cales Cambados busca consolidarse como un dos referentes internacionais dentro da cultura do viño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario