Tras realizar as correspondentes indagacións, o xurado designado polo Concello de Cambados para elixir o cartel da Festa do Albariño decidiu, por unanimidade, descalificar ao deseño
gañador do certame.
gañador do certame.
O motivo desta decisión é" o de ter detectado que ningún dos
elementos que conforman a composición é orixinal, aínda que si o é o resultado desta e tamén se nos demostrou que a autora do cartel adquirira os dereitos dos elementos gráficos utilizados neste. O xurado considera que este deseño non responde ao concepto de orixinalidade que buscaba no cartel gañador.

Por outro lado, o xurado tamén observou que moitos dos deseños recibidos no Concello de Cambados
presentaban estas mesmas anomalías e é por iso que, tras descalificar o cartel, tomou a decisión de reconsiderar dende o principio a súa decisión e ter en conta só aqueles deseños nos que había garantías de orixinalidade.

Finalmente, a decisión foi comunicada ao Concello de Cambados, que será o encargado de facer público o fallo en próximas datas".
NOVA RECOLLIDA DE AROUSA SI RADIO SALNÉS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario