14 de xul. de 2015

LUÍS ARAGUNDE NUN ACTO DE COVARDÍA ACUSA "VELADAMENTE" A O ASESOR XURÍDICO DA DESAPARICIÓN DUN EXPEDIENTE.

O IGNOTO XEFE DA OPOSICIÓN RECOÑECE PUBLICAMENTE QUE DEIXOU SEN UN EURO O ACTUAL GOBERNO.
O EXPEDINTE DE PORTOS EXISTIU E TEREMOLA PROBA
O do ínclito Luís Aragunde non ten nome,  nun acto de covardía que o caracterizou sempre, acusa "veladamente" o asesor xurídico do concello Rafael Riveiro da
Rafael Riveiro, acusado
inxustamente por Aragunde
desaparición dun expediente, Luís en manifestacións realizadas a Faro de Vigo recoñece veladamente esta posibilidade e así manifestoulle o citado diario: 
"Eu nunca toquei ese expediente e, segundo indicaron tres técnicos municipais, o último en manexalo foi o asesor xurídico".
A acusación pese a pasar case desapercibida é gravísima, pois deixa entrever que foi o actual asesor xurídico do concello, cargo de fianza de Luís e nomeado por él” o que fixo "voar"  ese expediente. Creemos que o asesor xurídico non
debía de obviar esas manifestacións. Este un de tantos actos de covardía ao que nos ten acostumados o mentireiro de Luís Aragunde. Como se pode acusar "veladamente" a todo un profesional de facer “voar” un expediente, cando realmente Rafael vale mais polo que cala que polo que fala.
Cita Luís Aragunde tres técnicos municipaís a que técnicos municipaís se refire? Están en activo ou están no paro? Ou son os mesmos que levaron para a casa catro Pcs, unha máquina de fotos e varios móbiles e que aínda no os devolveron e  que están largando bazofia e "infundios" desde unha paxina de facebook que utiliza en vano o nome de Cambados  e que se dedican a denigrar a imaxe de San Benito por un lado ou por outro a criticar as autoridades por non ir a procesión. Quen son eses técnicos municipais os que se refire Aragunde?
O IGNOTO XEFE DA OPOSICIÓN
(La Voz de Galicia)
RECOÑECE PUBLICAMENTE QUE DEIXOU  SEN UN EURO O ACTUAL GOBERNO.
No mesmo  comunicado oficial o propio  Aragunde, segundo publica o Faro de Vigo  recoñece  “as acusacións do cuadripartito sen negar a existencia desas partidas que quedaron practicamente baleiras”. O que demostra  as claras que carece de argumentos en todos os sentidos, o único que sabe facer Aragunde é arengar os seus rotwaillers na rede , pero a realidade esta aí. Preto do acordo con Abanca que cita o mesmo diario, Luís Aragunde oíu que o actual executivo chegou a un acordo con  Abanca e entón agora quere facer seu ese mérito , cando en realidade o acordo coa Abanca e obra exclusiva do actual grupo de goberno para financiar entre outras cousas como ben el di a Festa do Albariño.
O EXPEDIENTE DE PORTOS EXISTIU E TEREMOLA PROBA
Dias despois de celebrarse a festa sen permiso, segundo recoñece o propio Luís Aragunde a Faro de Vigo, por consello de Portos, estes incoaron un expediente que agora din que no existe para
limparlle a "merda" a anterior alcalde Cambados. a realidade é que o expediente existiu e si é totalmente certo que  un técnico de concello actual ,nomeado no seu tempo por Luís Aragunde, recoñeceulle as actuais autoridades que efectivamente ese expediente existiu e desapareceu pouco despois do 24 de maio pasado, data das eleccións municipais. En breve facilitaronos o documento polo que desmontaremos unha vez mais  as mentiras de Aragunde.



Ningún comentario: