1 de xul. de 2015

MENSAXE AGÓNICO DOS TRABALLADORES DE DIARIO DE AROUSA

A MELLOR MANEIRA DE AXUDALO E SEGUIR MERCANDO O PERIÓDICO.
Dende a súa pequena atalaia dunha páxina de facebook os traballadores e traballadores de Diario de Arousa dannos a coñecer esta desgarradora
menxase:
“”Onte foi o último día de dous larguísimos ERTE en Diario de Arousa... hoxe, cun persoal moi mermado, traballaremos de novo a "full estafe". Farémolo con case dous meses de atraso no pago das nóminas, unha media paga extra pendente e o xugo dos despedimentos sobre as nosas cabezas... Grazas a todos os que estes dous anos déstesnos forza... ímola a seguir necesitando.””
A verdade que é digno de admirar o traballo que están a facer os integrantes da plantilla de Diario de Arousa, e nas condicións que o están facendo, pero ahí están a pé do cañón todos os días sen ir mais lonxe onte traballando no pleno de Cambados hasta ben pasadas as dez da noite e logo a redacción para que hoxe todos os cambadeses  nos puderamos enterar do que pasa na nosa vila e en todas as vilas de Arousa.
Sempre dicimos o mesmo pero é unha realidade a mellor xeito de axudar a esta xente é mercando o seu periódico.



Ningún comentario: