21 de xul. de 2015

PIDEN QUE O LOCAL DO CAMPO DA FESTA DE CORBILLÓN LEVE O NOME DE XIRONSA ASÍ O FAI CONSTAR O BLOG CORES DE CAMBADOS.

O prestixioso blog cambadés “Cores de Cambados” ven de publicar no día de hoxe que un cambadés pide ao Concello de Cambados vía páxina web  que a obra que se está a construir no campo de
festas de Corbillón leve o nome de XIRONSA. Aínda que que cree que a sua petición non será tomada en conta e así no lo fixo saber, cre que sería bo facerlle esa pequena homenxa ao grupo folc pola sua labor. Este veciño de Corbillón entende
que o traballo desta agrupación como de outras está revitalizando a música galega no noso concello.
Tamén entende que "haberá celos" por parte doutras agrupacións pero que estas poden recibir a homenaxe vendo os seus nomes noutros centros.
Para o peticionario "....  Xironsa é un referente de Corbillón no que participan xente de toda clase de inquedanzas...." Xironsa conta con xente de todo Cambados.
A nos parecenos unha petición xusta e apoiamola.

Ningún comentario: