1 de xul. de 2015

UNHA "SORPRESIVA", DEMOLEDORA, E TRANQUILA FATIMA ABAL VIMOS ONTE NO PLENO

(Foto: diario de Arousa)
XURXO CHARLIN DESMONTOU CON DATOS INCONTESTABLES AS FALACIAS DE LUÍS ARAGUNDE
Onte estivemos no pleno da corporación cambadesa e a verdade nos sorprenderon dúas cousas. Primeiramente a tranquilidade con que levou e conduciu maxistralmente o
Foto: Faro de Vigo.
pleno a alcaldesa Fatima Abal, pese a ser a primeira vez que o facía, tranquila, sosegada, medindo os tempos, dando respostas a Aragunde breves pero concisas e "demoledoras" e arrincando os aplausos do público.
Por outra parte o pleno era practicamente económico e o
encargado do goberno neste aspecto era Xurxo Charlin, quen primeiro tivo que oír as mentiras de Luís Aragunde ( non para de mentir este home, é mentireiro compulsivo) quen dixo que o seu goberno custáballe aos cambadeses a suma de 72.000 euros case a metade do cuadripartito, a isto Xurxo Charlin cuns datos demoledores e incontestables díxolle  que o único período contable finalizado ate o de agora era o 2013 onde o equipo de goberno que presidía Luis Aragunde custoulle ao concello de Cambados 151.179 euros ou sexa 11.179 euros  mais que o que pode custar o cuadripartito actual, rebatendo Xurxo ao mesmo tempo a
Foto: Faro de Vigo.
certo medio de prensa  que tamén dixera que saia mais caro o cuadripartito.  Claro, Aragunde "facía trampa" e non contaba o xefe de prensa Benito Leiro  que era un cargo político,  e o secretario persoal de Luís, Mane Galiñanes que tamén era outro cargo político por iso cesaron con el, o que fixo que o publico  aplaudirá a súa intervención. Aragunde insistía en que non había que contar os asesores e unha Fatima fulminante acabou coa discusión dicíndolle a Aragunde “non teremos asesores e imos saír moito máis baratos”.
Foto: Diario de Arousa.
A anécdota do pleno e o que demostraba que Luís Aragunde estaba nervioso foi que nun dos puntos este na súa intervención anunciou que se ían abster, cando a alcaldesa da comenzo a votación e sinala “Votos en contra”, Luís Aragunde levanta a man collendo despistados os seus compañeiros que pensaban, como dixera Aragunde que se ían abster, houbo un pequeno caos, algúns levantaron a mana o ver a Aragunde e outros non. 
Foto: Diario de Arousa.
Outro momento do pleno foi  cando Aragunde insistia en dicir que que eran catro gobernos unha e outra vez ao que Fatima respostoulle contundentemente "eu só vexo un grupo de goberno con nove membros" e volveu a arrincar os aplausos do publico.
Animamos dende aquí a os partidarios do cuadripartito que sigan acudindo aos plenos, pois isto anima e reconforta moito os concelleiros do grupo de goberno, o ver  como os cambadeses de ben, siguen as súas intervencións.

Ningún comentario: