6 de ago. de 2015

A ESTUPIDEZ DO PP NON LLE DEIXA VER O ENORME ÉXITO DO GOBERNO DE CAMBADOS NA FESTA DO ALBARIÑO

EN CAMBIO O PP NON VE COMO O GOBERNO DO ESTADO EMPREGA OS MESMOS CARTOS NO SALNÉS QUE NO AEROPORTO DE PEINADOR.
Todos os medios,  os hostaleiros cambadeses, a xente en xeral, din  que este ano foi  de longo a festa máis
"exitosa"  do Albariño, os números así o din, menos claro o partido popular que non é capaz de dixerir  o éxito  da festa e con elo por suposto o éxito de todos os cambadeses. Mentres a páxina de facebook afín ao partido popular e que comparte o ex-alcalde Luís Aragunde dedicouse dende o propio 24 de maio a desprestixiar a nosa vila e nosa festa por excelencia, agora despois do éxito acadado polo actual goberno , Luís Aragunde e o PP grazas a súa estupidez , non son capaces de recoñecer o triunfo "aplastante" de Cambados en xeral na festa do Albariño e do actual goberno en particular.
CORRIXIR ERROS
Claro que houbo erros na festa e moitas cousas que hai que corrixir empezando pola supresión , eliminación ou desligarse do Capitulo Serenísimo canto antes, claro que o Consello Regulador tense que poñer as
pilas, claro que hai que regular mellor o tráfico, claro que hai que empregar mais xente  na limpeza, pero ¡coño! o novo goberno so tivo un mes para organizar a festa e por riba coas arcas baldeiradas por Luís Aragunde, todos esperamos con ansia corrixir defectos cara o ano que ven pero viñeron mais de 100.000 persoas que o ano anterior, o propio goberno na súa valoración así o facía constar, eran moi precavidos e dicían que efectivamente, hai cousas que hai que corrixir, deámoslle tempo ao tempo, e estamos seguros que a festa para o ano que ven  vai ser de mais calidade e moito mellor
EN CAMBIO O PP DE CAMBADOS NON VE COMO O GOBERNO DE NACIÓN EMPREGA OS MESMOS CARTOS NO SALNÉS QUE NO AEROPORTO DE PEINADOR.
Mentres se adica a criticar a Cambados tanto Luís Aragunde como os seus secuaces da paxina de facebook da extrema dereita cambadesa, non din nada de que o goberno do estado , o goberno de Rajoy, que declinou acudir a festa do albariño, empregaba os mesmos cartos no Salnés, tres millóns de euros, unha poboación de mais de 100.000 habitantes  que no aeroporto de Peinador. Esta é a catadura moral de Luís Aragunde , criticar un éxito do goberno de Cambados e aplaudir un desprezo ao Salnés do Goberno de Rajoy.

Ningún comentario: