10 de ago. de 2015

LUÍS REI, SERÁ ENTERRADO MAÑAN AS 18.30 HORAS.

Hoxe cando me chamou Gogue a primeira hora da mañá non pensei nin por un intre que me ía dar a fatal noticia do pasamento de Luís Rei, un ser deses que pasa pola túa vida e que deixa unha pegada inesquecible. Un ser que é querido por todo o espectro político actual e por toda clase de persoas, un ser como diciamos nas redes sociais nada mais
coñecer a noticia, simplemente irrepetible. Aínda non fai moito, concretamente o quince de maio pasado este blog adicáballe un artigo coa gallo de que os libreiros cambadeses
outorgáballe o prestixioso premio Ramón Cabanillas, tan merecido como grande era a súa persoa.  De este polifacético home seguro que nos vindeiros días, amigos, compañeiros, coñecidos, políticos, falaran e glosarán a este ser marabilloso como era Luís “O meco de ouro” como o denominábamos no anterior artigo. Luís déixanos moitas cousas, amizade, cultura, compañeirismo, charlas interminables etc,  pero déixanos unha obra mestra  do noso mais egrexio escritor, o
seu admirado Ramón Cabanillas “Crónica de desterros e Saudades” que xa forma parte das nosas bibliotecas particulares e obviamente da na nosa biblioteca municipal.”. Este blog como pequena homenaxe pero sentida a Luís Rei, hoxe e maña vaise chamar  “A ti meu…Luís Rei”.
O corpo de Luis xa se atopa a estas horas no tanatorio do Grove, o será enterrado  mañá as 18.30.
Gardarase un minuto de silencio mañán as portas do concello as 12´30h. 
“Hai homes que loitan un día e son bos. Hai outros que loitan un ano e son mellores. Hai quen loitan moitos anos, e son moi bos. Pero hai os que loitan toda a vida, eses son os imprescindibles.” 
(Bertolt Brecht)

Ningún comentario: