14 de ago. de 2015

UN PAÍS PRESO DOS BANCOS

UN ARTIGO DE OSCAR MANUEL NUÑEZ.
A Constitución Española de 1978 contén os principios nos que se fundamenta a sociedade civil e democrática do noso país. En plena controversia sobre a súa
modificación ou non foi alicerce noutrora para faceren  un país máis xusto, froito do consenso das forzas democráticas que en grande parte renunciaron a parte dos seus postulados para converxer nun espazo único e vertebrador. Hoxe en día por desgraza é papel mollado por mor do desgoberno  do Partido Popular que constrinxe os dereitos que nela se
"Así es Cambados"
reflicten. 
Unha das poucas cousas boas que Franco puxo en marcha a Seguridade Social e  está a ser levada por diante de xeito flagrante por unha caterva de individuos que teñen coma principal obxectivo crear un país onde os ricos señan cada vez máis ricos e os pobres máis pobres (preto de 13 millóns segundo o publicado hoxe en diferentes  medios). En Cambados sen ir máis lonxe hai veciños de esa primeira e segunda categoría segundo o vivido en primeira persona no Centro de Saúde. Un dos pacientes, un home de idade sentado nunha cadeira dicía:  “Nos tratan coma a carneiros”. En efecto, é extrapolable ao expresado polo Ex-Ministro de Educación Juán Ignacio Wert ao respecto das tasas Universitarias: “Se non tedes para pagar un médico privado e para enviar aos vosos fillos á Universidade e porque non vos privades doutras cousas” cando en realidade,  o que pretenden soterrar é unha privatización encuberta da Sanidade e da Educación cando a Constitución Española fala dunha Sanidade Universal e de calidade e dun principio económico xusto e  progresivo onde as rentas máis altas terían que pagar consonte ao principio de quen máis ten,
máis paga. 
Escoito nos medios de comunicación a palabra “casta” a miúdo e supoño se referirá aos ricos e aos Bancos, os mesmos que o pasado ano gañaron un 36 % máis cando o resto do país está a pasalas canutas para sobrevivir. Xa o enunciou o finado alcalde Socialista de Madrid, o Profesor Tierno Galván  (A teoría do “Welfare State” ergo quen ten o poder económico ten o poder político e que xa daquela (nos 80)  se estaba a instalar entre nós. Pos aí está. Sei que este home era unha persona culta que cando víu nos 80 o Papa Juán Pablo II se dirixiu a él en Latín …. sabía Latín ao comprobar coma está a lareira. Si se levanta do cadaleito penso que voltaría a  meterse  nel do noxo que lle daría ata onde chegou este capitalismo salvaxe. Está  claro que se fixeron cousas ben no eido das libertades e os dereitos civís pero naide lle mete man ao poder económico porén sabes
que quedas manco coma Cervantes na Batalla de Lepanto.  
Unha mágoa que a xente se alporize por un partido de fútbol, por Gerard Piqué, e siga as parrafadas de Belén Esteban en Tele 5  e non se revolva contra un sistema que segundo o Papa Francisco I escraviza aos homes e mata coma unha cámara de gas. É certo que xa non son (os Bancos)  o colectivo máis respetado polos cidadáns coma en 2008 pero a eles tanto lles ten: siguen facendo  negocio nun país de pobres a costa de sablealos sen piedade.  Teñen aos seus “camaradas políticos” que lles fan o traballo e aos que colocan en canto rematan a súa vida política nalgunha das moitas Empresas que controlan. Moi complicado está calquera intento de metelos en vereda. En  Chile, cando Salvador Allende nacionalizou a economía, a ITT, as Multinacionais e o poder financiero o levaron por diante.
Os cartos se moven, teñen vida propia e aqueles que o manexan sen  tino algún e sen escrúpulos medran e os que non esmorecen chegado  o punto que de cara á sociedade se valora “máis o que tes  do que es”, un erro maiúsculo. Foi Xudas quen vendeu a Cristo por unhas monedas e seguindo o seu exemplo hai unha lexión de seguidores na actualidade que se adican a poñer en práctica o seu exemplo.
E a proba que pon colofón ao espresado anteriormente é a connivencia manifesta do actual partido do Goberno de España co sector Financieiro.  O Partido Socialista, nun feito histórico,  denuncia ao Ministro de Interior Jorge Fernández Díaz por presuntamente prevaricar e por revelación de secretos. Nunca pensei que este intre chegaría pero pon de manifesto que aínda que nas elites haia crápulas aínda queda xente que ten un mínimo de dignidade.

Un artigo de Óscar Manuel Núñez.-


Ningún comentario: