25 de abr. de 2019

AXENDA CULTURAL ATMC

Esta semana imos abrir axenda cultural ATMC para o Concello de Cambados con aqueles locales que apostan pola música en directo e que a penas poden ter publi en Radios ou RRSS. O que se nos escape do radar, podédelo mandar por privado ou na caixa de comentarios da publicación no Facebook.

Comezamos polo inicio da fin de semana, que o teremos o venres 26/04 na Leria con Loren Tevra en concerto a partir das 22:30 horas.

O sábado seguiremos no local de Gus, a Krazzy Kray, que este fin de semana disfrutará da actuación de Mojo Experience dende Santiago de Compostela o sábado 27/04 ás 23:55 horas por 5 euriños.

No Rif teremos pinchada a cargo de PTOOF & Munstaphá o Sábado 29 pola noite, que de seguro porán a boa música á que nos ten acostumados este local.

Bonus track:


Recordar que o vindeiro mércores na rúa Infantas terá lugar no Enxebre o III Xantar Enxebre coa actuación de Terapia de Grupo e que está aberto a que cada cal leve a súa comida e postres e os seus instrumentos para armar unha boa festa.


Ningún comentario: