27 de abr. de 2019

TINO CORDAL E BALTASAR GARZÓN INAUGURAN O CONGRESO DE DEREITO E POLÍTICA


O campus de Ourense acolle estes días a celebración do III Congreso Euroamericano de Dereito e política que reúne a 150 investigadores de España e Brasil. A cita está organizada pola área de Ciencia Política da Universidade de Vigo e foi inaugurada con unha conferencia do maxistrado e avogado Baltasar Garzón. De presentalo ocupouse o profesor de Ciencia Política da Universidade de Vigo, e concelleiro de Somos Cambados, Tino Cordal.

Na súa presentación, o cambadés destacou a labor realizada polo xurista español nos ámbitos máis relevantes da xustiza, destacando a súa loita contra a corrupción política, o terrorismo ou o narcotráfico. Garzón, pola súa parte falou sobre a politización da xustiza e a xudicialización da política.

Ningún comentario: