23 de maio de 2019

AXENDA CULTURA ATMC

Este fin de semana o inicio musical, como non podería ser doutro xeito nestas datas, pono a política. No peche de campaña de Somos Cambados este venres (24/05) teremos a partir das 18:00 horas varias actividades, pero sobre todo música a cargo de Miguel Leiro, Dani Cornes e os Cuernicornios que fixeron as delicias dos cambadeses o pasado Albariño no día do pe de cuba no Patín e que está composto por 3 bos amigos: Rubén Laya, Javi pamplona e Alberto Domínguez. Será no parque de Torrado.


No Enxebre tamén volta a música no día de mañá (venres 24/05), esta vez da man de Mario Rivergood, será as 23:30 e a entrada será gratuita como é habitual.


Tamén teremos o mesmo venres (24/05) no Rif Rock sesión de Black Grooves.


E rematamos un venres cheo de música co concertazo do AYF, que correrá a cargo do grupo de Roi Xesteira Treboada Rock e un grupo que estará este ano no Resu, Archivo Adjunto, que fará parada no noso pobo. Así sigue a confirmarse este local como un referente da música alternativa na nosa vila.


O sábado (25/05) toda a responsabilidade da música en directo caerá na Krazzy Kray e o concerto dun dos grupos galegos que mellor directo ten, Birlibirlocke.


Ningún comentario: