2 de maio de 2019

AXENDA CULTURAL ATMC

Aínda coa resaca do III Xantar Enxebre vivido onte na rúa Isabel imos a ver o pouco que nos depara o noso pobo este fin de semana.

E logo do mes de abril, iniciamos o mes de maio tendo como único evento o da Krazzy Kray, estarán Los Vagos de Lalín o sábado as 23:55 horas o módico prezo de 5 €.

Aínda que non é exactamente cultural, si que teremos este fin de semana outros dous grandes eventos no pobo, que serán a I Bandeira Festa do Albariño de Traineiriñas o sábado as 16:00 e tamén a xa clásica Festa da Bicicleta o domingo ás 11:00 horas

Esperamos que nas vindeiras semanas lle poidamos dar máis contido a esta sección.


Ningún comentario: