22 de maio de 2019

LUIS ARAGUNDE, “PERDIDO NA OPOSICIÓN”



Luís Aragunde comezou este mandato atordado, tras unha toma de posesión de Fátima Abal, que non se esperaba nin ela e moito menos se esperaba o candidato Popular, que xa se vía gobernando en minoría co apoio puntual de Pode. Pero non foi así, e comezou a era do “Cuatripartito” no pobo de Cambados.


Así os primeiros meses pasaron sen oposición e co recén estreado goberno de Cambados sacando facturas dos queixóns e vendo como na caixa da Casa Consistorial, o único que había eran telas de araña, froito duns excesos preelectorais do PP, que non pensaba máis alá das eleccións de maio do 2015. E non dubidaron en botarllo en cara, e así os primeiros meses de mandato transcorreron entre acusacións o anterior alcalde.

E a pesar de que encontrou refuxio na Deputación de Pontevedra e contaba aínda con un PP forte a nivel Galicia con unha maioría absolutísima na Xunta de Galicia, non foi quen de dar coa tecla que lle levase a facer unha oposición eficaz, máis alá dos reditos que podía quitar das trifulcas esporádicas no Goberno do Concello de Cambados.

Comezou os ataques máis fortes cunha guerra de cifras sobre un ben de todos, A Festa do Albariño, sen moito sentido e sen ser consciente do dano que lle podía estar a causar a celebración e a propia vila.

Logo comezou cos seus dous grandes cabalos de batalla ó longo de toda a lexislatura, que foron dous regalos que lle deixou a Xunta para poder atacar o goberno local: A praza de abastos e o centro de día. Un, con un proxecto que non aguantaba nin o primeiro dos trámites ante Portos e que se tivo que refacer practicamente dende cero para sorpresa de tódalas praceiras de Cambados, mentres Luís non deixaba de soltar o seu mantra de que era un proxecto que xa estaba licitado e listo para comezar a obrar, chegou a tirarse esta pedra contra o seu propio tellado no debate de Canal Rías Baixas hai uns días. Outro, con un centro de día xa rematado, que a Xunta de Galicia intentou manter pechado ata que Aragunde voltase a alcaldía, pero a insistencia de Tino Cordal conseguiu a apertura do mesmo, antes do desexado polo ex alcalde de Cambados.


Despois un sinfín de acusacións que máis ben recordaban o mandato do candidato Popular que o goberno liderado por Fátima Abal: que a alcaldesa non mandaba nada, cando todo o mundo sabía que no concello do PP mandaba máis Tourís que el; que os funcionarios facían moitas horas extras, sen acordarse de que os cargos de libre disposición cobraban máis en horas que no restos do salario cando el era alcalde; calificación da xestión cultural de desastrosa, cando na súa época, con el de coa responsabilidade en cultura era inexistente; que en sete pías xa había videovixilancia, sen acordarse de que non a licitara nunca (caso parecido da pantalla publicitaria que había en fronte do concello)... Un sen fin de sandeces, que non levaban a ningures.

Pero probablemente a parte máis ridícula da oposición de Aragunde comezou con aquel directo colgado na súa páxina de Facebook as 09:00 horas no que denunciaba con unha respiración moi axitada que ningún dos membros do goberno se atopaba alí naquel intre. Probablemente algún dos seus paxariños no concello llo contou en canto saiu pola porta o equipo de goberno e non dubidou en correr ata o concello para deixar proba delo... eche o que ten, non ter nada que facer.


E a partir de aquí comeza o circo: que limpan fondo a praza de fefiñáns, pois el denuncia que nuns lugares estaba máis limpa que en outros; que aparecen facturas impagadas de fai 14 anos, el di que non é legal proceder o seu pago; que as pedras do valado dun veciño que se construíu na súa época caen a vía pública, pois el corre a sacar unha foto mentres Xurxo e Cordal denuncia o desmantelamento da sanidade en Cambados; que as mariscadoras de Castrelo necesitan un banco, ponllo o PP de Cambados para foto no periódico e os tres días desaparece do mapa.

Non sabemos cal será a decisión do pobo soberano o vindeiro domingo, pero o que si nos queda clarísimo é que o candidato dos Populares leva 4 anos buscando o seu sitio sen fortuna.

Ningún comentario: