Hai uns meses tíñamos coñecemento de que parte da sede do PP de Cambados era dun home que se fixo moi famoso na vila nos 90 debido a súa actividade económica. Aquí non imos a incidir en esta situación, pero si falar do repaso que lle deu ós seus compañeiros de partido o alcalde de Meis do que líamos hai uns días as seguintes declaracións sobre os partidos políticos e as súas sedes:
"Semella que é unha forma de discriminar ós veciños, que alí só se atendía a algúns. Eu quero que a sede do alcalde sexan todas e cada unha das casas do meu concello"
O meu entender as declaracións de Jose Luis Pérez deixan en moi mal lugar a persoeiros como Luis Aragunde, máis preocupados de seguir a vivir da política que de alcanzar melloras para os seu pobo. Exemplos podemos poñer varios: O Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, o mal trato que está a sufrir Cambados por parte da Consellería de Sanidade...
Haiche moitas clases de políticos e por desgraza o noso pobo tocoulle como candidato a alcaldía por parte do Partido Popular a peor clase de político profesional que hai.

Ningún comentario:
Publicar un comentario