A semana pasada líamos a noticia de que o PP de Cambados conseguía bancospara o descanso das mariscadoras de Castrelo nos días de vixilancia, cal é a
nosa sorpresa que a día de hoxe xa non atopamos eses bancos no sitio anunciado
por Luisiño. Para unha vez que o víamos traballar e todo ese traballo era para
mentir nos medios de comunicación unha vez máis.
Foto sacada esta mesma mañá
E así, o PP, co seu líder a cabeza amosa a súa falta de ideas, desta volta
amosando como un logro de xestión a adquisición de dous bancos de segunda man,
que agora mesmo nin están, nin se lles espera. E sen esquecer o máis importante
do asunto, con unha falta de consideración total e absoluta ás mariscadoras de
Castrelo.
A vista de detalles coma este, non é de estrañar o desánimo que hai entre
os simpatizantes populares cun candidato que tivo 4 anos para preparar unhas
eleccións e o único ao que se dedicou foi a vivir a “corpo de rei” co
supersalario que lle pagamos entre todos os cidadáns (60.000 €/ano)... Así se
explica a lista que leva e a negativa da xente para sumarse ao seu proxecto.


Ningún comentario:
Publicar un comentario