Hai quen cre que en política vale todo, e cando digo todo é todo. Nunca me
valeu. Quen sae perdendo con ese pensamento é o cidadán mais débil, menos
preparado, máis feble á economía caseira dependente de todo o mundo e que cala
por non chorar axexando nas redes sociais preguntándose ata onde é verdade e
que é falso do que se escrebe e se comenta nas páxinas adicadas á política
local. Non son iñocentes as análises que se fan interesadamente do persoal que
estivo vinculado a un ou outro partido político sen necesidade de estares nunha
lista municipal ou mesmo estando nelas coma o meu caso. Maior responsabilidade
se cabe. Xa non che conto se o partido crea unha páxina, inventa perfís falsos
e opinan sen dar a cara. Como se os fosen levar á cárcere. Saben que se cometen
algún delito, non lles vai valer o seu anonimato, pois as forzas e corpos de
seguridade do Estado rastreará esa conta ata chegar a ese ordenador, ao seu
dono. Logo por que actúan cun perfil falso? por covardía de se saber lido e non
render contas dun pasado que todos temos.
-Vostede terá moito dereito; pero eu teño moita razón. (Cousas da Vida. Caciques)
Pero iso non é o mais grave. Se me dades a elixir, prefiro a opinión de
Moncho Daporta coa que discrepo profundamente, as mais das veces, pero que ten
a honradez de se pór diante de calesquera partillamento, opinión ou post que
considera afín ao que segundo el, lle representa. E mira que ás veces faino por
provocar, entrándolle o persoal de esquerdas a trapo. El tamén opina. Ti
decides.
E o mais grave? cando se minte no persoal, cando se fai dano sabendo que é
mentira, cando te metes con familias alleas ou non á política, cando es un
troll sen tan sequera algo de puta gracia. Por? por que a min me fixeron os
contrarios, por que sei que lle saca votos aínda que se "foda quen se
foda" por que todo vale se eles o fixeron antes. A onde nos leva isto?
como a violencia terrorista ou ás veces a lexítima do Estado, a máis xenreira contida,
a unha espiral de violencia dialéctica sen ollar o final.
Hai catro anos houbo xente que non entendeu que eu saíse en defensa da
muller do ex alcalde do PP. Calquera cun mínimo de decencia debería telo feito
se coñece a verdade, e menos cun tufo de machismo abafando ao lonxe.
O cidadán é mais listo do que moitos cren, aínda que tenten confundilo. Programa?
propostas, propostas e que se vexan diferentes puntos de vista decidindo o pobo
soberano.
Un artigo de Xan Galbán Galiñanes

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.