Moitos de nós temos na retina aquelas estrafalarias declaracións do ex alcalde
Luis Aragunde trasladando á opinión pública uns supostos comentarios da
interventora dicindo “tenemos un concello perita”. Cando deixaba a alcaldía,
deixaba tras de sí un concello que tardaba máis de 2 meses en pagar, con unha
débeda de dous millóns e medio de euros e un saldo bancario que apenas daba
para pagar os salarios os funcionarios da casa consistorial.
4 anos despois todos recoñecemos que o actual goberno de Cambados dirixido
por 4 forzas políticas pode ter algún punto feble, pero un deles non será o
económico, xa que a concellería de economía e facenda da man de Xurxo Charlín
deixa unha situación económica practicamente inmellorable tras 4 anos nos que
se minimizou a débeda ata chegar a unha terceira parte da que había en 2015,
pagando a provedores en a penas 2 semanas e acabando o exercicio 2018 con un
superavit de 622.000 € e un saldo bancario que triplica o que deixaba Aragunde.
Esta boa xestión, é tal, que incluso “A Alcaldesa” presume da xestión económica
nos seus panfletos preelectorais a pesar de que esta é unha responsabilidade de
Xurxo Charlín, edil de Somos Cambados.
Esta é unha tendencia que temos posibilidade de ver en moitos concellos dos chamados “Do Cambio” que racha co estereotipo da dereita como boa xestora dos recursos e a esquerda como despilfarradora. Nesta tendencia o caso de Cambados non deixa de ser paradigmático pola baixada de impostos levada a cabo nestes 4 anos e o incremento do gasto social mentres facía fronte as súas obrigas e saía do plan de axuste no que nos deixou o Partido Popular.

Acabamos repetindo a cuestión que
encabeza o artigo: Se Luis dicía que deixaba un concello “Perita”, que non dirá
da xestión do actual goberno de Cambados?

Ningún comentario:
Publicar un comentario