GaliciAME continúa sumando recoñecementos, desta volta por parte dun organismo co que leva colaborando dende hai xa un tempo, o hospital Sant Joan de Déu. Así Merchi Álvarez continúa contra vento e marea o seu camiño na búsqueda de un bo tratamento para esta enfermidade rara.
A seguinte parada para GaliciAME no seu traxecto, será este vindeiro 17 de maio na praza de Fefiñáns coa organización da II edición do festival benéfico ESCOITAME, que contará con Rosa Cedrón, Paulinha e varios artistas ademáis de grandes orquestas que de seguro porán a bailar a todas as cambadesas e cambadeses.
Dende este humilde rincón da rede sempre intentaremos contribuir na loita de Merchi e así esperamos continuar no futuro.


Ningún comentario:
Publicar un comentario