4 de maio de 2019

AS MUNICIPAIS DE CAMBADOS NAS RRSS


Todos sabemos que logo da prensa local as RRSS, hoxe en día, xogan un importante papel na propaganda política, e si ben, os partidos políticos cambadeses están case todos nas máis coñecidas (Twitter, Instagram…) gran parte da campaña de comunicación vaise xogar no Facebook.

 



Facendo un rápido repaso as páxinas de Facebook dos partidos encontrámonos a seguinte curiosidade no número de seguidores de cada agrupación nesta rede social:

Estadísticas última semana orde das columnas: Nome / Nº de seguidores / aumento de seguidores / Publicacións / Interacción


E que si polo FB fose hoxe en día estaríamos a ser gobernados polo BNG en minoría e o PP sería 4ª forza, nin máis nin menos, pero as estatísticas de FB pouco ou nada teñen que ver co que logo o votante mete no sobre.

Pero o máis interesante, para min, é a aposta polo contido que fai cada un na súa páxina onde os fitos conseguidos por cada un, as propostas para o vindeiro mandato e incluso as pullas que se botan os uns os outros (O mellor exemplo, o do PSOE, que con 4 liñas de panfleto, reivindicaba dúas propostas dos seus contrincantes).

Aquí gustaríame destacar a aposta polos vídeos nesta precampaña que se fixo especialmente viral no vídeo de “A alcaldesa”, onde Fátima mostra a súa cara máis institucional e tamén no caso de Somos Cambados, onde o candidato Tino Cordal explicou a proposta do traslado do mercado na que se fai fincapé no aforro de 60.000 € anuais que suporía, o incremento do aparcamento no centro nos días de mercado, a reactivación da economía no centro e a eliminación da contaminación directa o mar que provoca o mercado.

Esperannos unhas longas 3 semanas de campaña, na que Cambados se xoga moito. Estaremos atentos.

Ningún comentario: