Páginas

13 de xuño de 2019

AXENDA CULTURAL ATMC

Fin de semana do 14 o 16 de xuño de 2019 con moita actividade cultural na nosa vila.

O venres as 20:00 nos xardíns de Torrado terá lugar a presentación de "Ramón Cabanillas do A áo Z", libro no que Ramón Caride fai unha escolma de varios poemas do poeta da raza seguindo o abecedario, do A de "Agras" ao Z de "Zanfona". O libro conta coas ilustracións de Xosé Cobas. A nota musical neste evento correrá a cargo de Kevi Aragunde.


O mesmo venres teremos na Leria as 23:00 unha nova actuación dos Cuernicornios, que porán a bailar a todos os que acudan coa súa rumba.


O sábado 15 teremos nova B4 party no AYF desta volta porán a música: SUSO FRESH X LAMAR, LOS BUENOS 'O PORTUGHÉS X WAVEB', CHEF KAREEM (GOODBYE SESSION) DJ SET. A festa finalizará con micro aberto para que todos aqueles que queiran podan ensinar as súas rimas. As B4 party voltarán en xullo.


Tamén o sábado no Brokers haberá festa OPENING SUMMER no que pinchará o DJ Xoel Muiños. Na festa haberá varios sorteos.


Pecharán a fin de semana o domingo as 13:00 horas Quilma e Os demos da Petaca que estrearán o "Verán da Jovita", nesta primeira ocasión en sesión vermú na Praza da Jovita en San Tomé


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.