Nesta ocasión deixou coa boca aberta a moitos cambadeses e cambadesas
facendo público que o seu primeiro contacto sería con Jose Ramón Abal, para
acto seguido facer ver a intención de que se quería quedar coas concellerías de
obras e urbanismo, as dúas máis importantes que manexaba o líder de Pode.
Deste xeito a alcaldesa en funcións deixa pasar un día máis dicindo por un
lado que non hai tempo suficiente para chegar a un ”pacto serio” mentres que
polo outro deixa caer as follas do calendario e perdendo oportunidades de
acercarse a aqueles que as urnas lle deron como socios imprescindibles para a
investidura e o mandato.
A líder do PSOE fala tamén do ridículo espantoso que suporía ter un pacto
firmado antes de que os resultados electorais fosen definitivos, pero isto dise
mentres os contactos informais entre os PSOE e o BNG son abertamente
recoñecidos por ambas organizacións, iso si, sempre en petit comité e con
nocturnidade e alevosía ¿Porque non se puideron ir acercando posturas en
conversa informal e lonxe dos focos de cara un posible goberno tripartito
nestas dúas semanas?
A miña conclusión é que Fátima Abal quere estirar a goma a ver ata onde
pode chegar, pero debe ter coidado porque correo o risco de que rompa e tamén
debe ter en conta o retroceso destes materiais cando rompen, xa que poden
chegar a mancar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.