DE POLÍTICA MUNICIPAL
O próximo 15 de xuño terá lugar a investidura do novo alcalde ou alcaldesa de Cambados. Os resultados das pasadas eleccións quitáronlle a maioría absoluta ao PP e déronlla aos tres partidos de esquerda. Significativo é tamén que deixaron fóra dun posible goberno a JR Abal. Un político tóxico, arribista e interesado que tivo ao goberno cuadripartito anterior sometido a unha chantaxe permanente. Os resultados foron claros: o partido de esquerda máis votado foi o PSOE. Fátima Abal ten que ser a alcaldesa. Pero o segundo máis votado foi Somos Cambados e debe ter un peso proporcional no novo goberno municipal. O Bloque baixou en votos e debe entender que o seu papel na nova corporación ten que ser menor. Así o mandaron as urnas. PSOE e BNG son dúas "grandes empresas da política", con intereses comúns en moitas vilas e cidades de Galicia e que non ven cos bos ollos a competencia de pequenos grupos municipalistas. Tenden, como calquera empresa , a eliminar competidores. E non deberían caer na tentación de "facer pinza" e antepoñer outros intereses aos de Cambados. Ábrese a oportunidade "histórica" dun goberno de esquerdas que mire só polos intereses da vila e o benestar dos seus habitantes, non o estraguemos. Pode que a cidadanía de Cambados non o perdoe cando en catro anos haxa que render contas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.