O desenvolvemento urbanístico de Cambados estivo presente nos programas
electorais das 5 candidaturas que se presentaron ás municiapis de maio de 2019.
PP, PSOE e PODE apostaban abertamente pola realización dun PXOM, mentres
que Somos Cambados e BNG, máis claramente a candidatura de Víctor Caamaño,
apostaban polo desenvolvemento das Unidades de Xestión contempladas nas normas
subsidiarias de 1995 ante a dificultade de realizar un PXOM, que pola súa
complexidade demoraría outros 10 anos máis o necesario desenvolvemento
urbanístico de Cambados, e que ademais reduciría considerablemente o valor das
parcelas no rural ao reducir a súa edificabilidade.
Chama a a tención que o PP esixa agora a realización dun PXOM cando
estiveron gobernando Cambados ininterropindamente con maioría absoluta durante
28 anos, e non foron quen de facelo.
UNIDADE DE XESTIÓN 6 A PACHECA
O obxectivo desta Unidade de Xestión é
enriquecer as conexións rodadas na Avenida da Pastora. Así, abrirase un novo
vial que conecte a Avenida da Pastora coa Pacheca, co que se dará cumprimento a
unha demanda dos veciños da zona que lles posibilitará acceder ao casco urbano
e a outras zonas do municipio dunha forma máis doada ao tempo que se abre un
novo vial cercano ao casco urbano.
Esta actuación contempla un total de 3.040 m2 de
novas zonas verdes e equipamentos municipais, dos 1.600 m2 serán de zonas
verdes e un total de 1.440 m2 de equipamentos municipais (terreos nos que o
Concello poderá destinalos a infraestrutras deportivas, culturais, etc.); así como
66 prazas de aparcamentos nas novas vivendas e 17 prazas públicas de
aparcamento na rúa.
UNIDADE DE XESTIÓN 8 COLEXIO DE SAN TOMÉ
O obxectivo desta Unidade de Xestión é a
apertura dunha vía de conexión entre a rúa Os Olmos e o Camiño da Grenla.
Actuación moi demandada polos veciños da zona e pola comunidade educativa do
colexio de San Tomé.
Esta actuación contempla un total de 1,900 m2 de
zonas verdes e equipamentos municipais, dos que 660 m2 serán de zonas verdes e
1.009 m2 de equipamentos dotacionais municipais, así como 62 prazas de
aparcamentos nas novas vivendas e 15 prazas públicas de aparcamento na rúa.
UNIDADE DE XESTIÓN 10 VARIANTE DE FEFIÑÁNS
O obxectivo desta Unidade de Xestión é a
formalización da fronte da nova variante de Fefiñáns tendo como referencia a
finca do Pazo. Así mesmo, contémplanse terreos para unha posible ampliación do
cementerio de Fefiñáns.
Esta
actuación contempla un total de 4.120 m2
de zonas verdes e equipamentos municipais, dos que 1.854 m2 serán de zonas verdes
e 2.060 m2 de equipamentos municipais, así como 113 prazas de aparcamentos nas
novas vivendas e 28 prazas públicas de aparcamento na rúa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario