21 de out. de 2020

A FOLLIÑA DO LUNS, que sae a cuarta feira. Por Xan Galbán Galiñanes


MUNDO

Xa falta pouco para que voten os estadounidenses un novo presidente da Unión. Todo o que ocorre no xigante americano ,ten repercusión en todo o mundo. Elexir entre Trump e Biden, pouco cambiaría a orde mundial, mais Trump vai acelerar o cambio climático coas súas decisións.

"Walking...where, Mr. Trump?" por Gogue

 Esta semana de mareas vivas na Arousa, vai provocar, mais pronto que tarde que vaiamos comprando terreo na Pastora. Alá vai o muelle en T, alá vai a ponte da Torre, e alá vai o edificio do Concello. Non o salva nin as contas de Xurxo.

A NOSNACIÓN

En tempos de coronavirus, o Phater familias de Feijoo, logo de seren elexido en plena pandemia, e gañarlle á mesma, pasando a seres o absoluto representante da política GADIS, acaba de anunciar maior confinamento para a hostalería dado o aumento de casos e mortes no impais. Chamarémolo por teléfono como no SERGAS, que nos dea cita inalámbrica, por que esto non ten Cura.

ISTMO-LOCAL

A manifestación convocada polo BNG tivo un grande éxito de público, contando con Peperos que se unen ao carro do que faga falla, dándolles igual que o causante desta desfeita sanitaria ten un nome con competencias exclusivas en Sanidade, Alberto N. Feijoo. Os dirigentes xa preparan como acabar con isto; coma sempre, convidar aos da Xunta a unha boa cuchipanda de marisco, pasarlles a Man polo lombo, "somos amigos" e "estos del bloque ,no te preocupes que los tenemos 28 años más en la oposición, y a la alcaldesa y el de las fotos, no duran una legislatura más. Mira que tienen que vivir y ya no pueden más".

Foto de Mónica Irago para La voz de Galicia

SPORTMAN

Hoxe Cambados e todo o deporte está de luto pola morte dunha grande loitadora, tanto como muller, coma deportista. Que a terra lle sexa leve, querida Araceli Oubiña

BREVES

1-Aniversario do pasamento do creador desta páxina, Chon, a quen tanto debemos. Estou seguro que se está a rir do que pasa en Cambados e berrará "Vivaspaña, visvapurú"

2-Temos un "sínico" en Cambados e non é “Fotolus"

3-"Cambados tiene tres cosas" compúxoa o meu avó materno. Por favor, nomeádeo cando se cante enriba dun palco.

EDITORIAL

Dunha volta, alá polos anos oitenta, convidado polos egrexios tótems do periodismo galego, faceron partícipe a Vazquez Montalbán dunha conferencia  sobre disertacións do que tiña a ver co mundo da comunicación, centrándose na impresa diaria en papel.

Daquela, gozaban "inda" de boa saúde, cumprindo o mandato que lle conferiu a Constitución do 78, con bastante independencia dos poderes políticos, sempre desexosas de obter publicidade avantaxosa  e positiva do exercicio  do poder.

Debatía cos asistentes ao acto o autor de Pepe Carbalho, e grande gastrónomo, que se esqueceran os novos “plumillas” de ser obxectivos coas noticias que tiveran que cubrir, e que se centraran en ser o mais veraces na información a escreber, que verificasen a mesma, xa que logo, os donos reais do periódico encargaríanse  de tendenciar con opinadores e editoriais cara a un enfoque mais conservador ou mais progresista.

Pasou o tempo, The New York Times, un dos periódicos con mais difusión do mundo, e o maior en língua inglesa, a mediados dos noventas, proxectaba, xunto co afamado arquitecto Frank Ghery (o do Gugen de Bilbo) crear no edificio de Times Square, nos derradeiros pisos, unhas estructuras metálicas, lembrando as nubes permanentes da altura do rañaceo, que non deixan vislumbrar o horizonte con nitidez, e nos andares  mais pertos do chan, os equipos redactores informando mais a pé de rúa.

En sete anos, pasaron os neoiorquinos da prensa libre, deste ilusionante futuro, a ter que alugar para oficiñas no codiciado terreo de Manhattan os derradeiros andares, O causante? este soporte, Internet .

Polo tanto, querido lector, a intencionalidade desta andina que iniciamos hoxe, non ten mais intención que ofertares outra visión persoal  do que ocorre ao noso redor co meu ponto de vista, xuntando dúas facetas  que sempre me fascinaron, a da lectura e a da escrita, nun mundo cada vez mais afeito á imaxe.

Sen mais afán que o divertimento e a reflexión, despídese ata outra o autor, Xan Galban Galiñanes

Ningún comentario: