15 de out. de 2020

Comezan as obras no cuartel provisional da Garda Civil de Cambados

Na xornada de hoxe comezaban no cuartel provisional da Garda Civil de Cambados as obras para o acondicionamento das instalacións que noutro tempo albergaran a Biblioteca Municipal do noso Concello.



As obras neste cuartel provisional consistirán no adecentado da fachada, posta en marcha da calefacción en varias plantas. Esta obra está concedida dende 2018 cando este edificio aínda estaba adicado a actividades culturais.

O cuartel da Garda Civil trasladouse de xeito provisional a inicios deste mesmo ano, ante o inminente inicio das obras no vello cuartel sito na Rúa Valle-Inclán e que propiciaron o mal estado das instalacións.

As obras no vello cuartel contarán con dúas fases: en primeiro lugar procederase á demolición do antigo edificio e en segundo termino procederase a construción da nova sede.

A nova sede contará de dous bloques, un para albergar as oficinas e outro para albergar as vivendas.


Ningún comentario: