21 de xul. de 2011

DÍA DA PATRIA GALEGA

O Día da Patria Galega é sempre unha oportunidade de afirmación para os que acreditamos que Galiza é unha nación e que debe ter outro lugar no Estado, en Europa e no mundo.
É unha das formas máis gráficas e directas das que dispomos as e os patriotas galegos para manifestar que estamos aquí, que esta nación está moi viva e que está disposta a baterse por conquistar o seu futuro. Mais tamén é unha cita para o encontro e o convivio de miles de galegas e de galegos vindos de todo o País -e tamén da diáspora- para compartillar experiencias, xantares na Carballeira de San Lourenzo e, por suposto, a andaina, a marcha, desde a Praza da Alameda até a Praza da Quintana, na grande manifestación convocada, como xa é tradición, para as 12 horas do 25 de Xullo.Estamos por Galiza, a favor do pobo. Soberanía, Democracia e Traballo. Ese é o ben elocuente lema co que o BNG convoca a grande manifestación deste Día da Patria Galega 2011. Ten de ser o máis masiva e participativa posíbel para que fique ben claro que a nación si está en marcha e que sabe o que quer conquistar. CONTINUAR LENDO...

Ningún comentario: