Iniciamos unha nova
etapa neste blogue cambadés. Quere ser por un lado unha homenaxe ao
seu fundador, Xaquín Charlín, Chon,
e por outro unha ferramenta que permita continuar o seu labor na
denuncia dos problemas do noso pobo co obxectivo de alcanzar un
Cambados mellor.
Facémolo rodeados dun equipo de xente que aportará contidos ben
baixo a liña editorial ou con sinatura propia.
Renacemos con dous
obxectivos fundamentais:
- Dar voz ás persoas que queiran expresar as súas opinións sobre a situación política do noso pobo e sobre os problemas que preocupan á veciñanza
- Informar sobre todas as actividades culturais, lúdicas, deportivas ou políticas da nosa vila.
E por suposto centrándonos
na que foi a gran batalla que se librou sempre desde esta tribuna:
manter ao PP fóra do poder no noso pobo. Sempre imos apoiar un
goberno de esquerdas, que mire polo ben común, non polos intereses
particulares. Non nos resignamos a que entre novamente no goberno
municipal un partido corrupto ata o máis fondo das súas raíces.
Seguirá activa a nosa
liña de contacto a través do correo-electrónico que viña sendo
habitual, incorporando as liñas de FB e Twitter onde sempre
poderedes contactar connosco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario