Foise a gravar o que será o seu disco de debut (manda a veciñanza galega aínda que non se coñecían persoalmente) aos estudos Abrigueiro xunto a Arturo Humanoid. Tras unha tacada de Ep's autoproducidos, Isi Vaamonde debutará por fin nun álbum onde cheira a brisa americana e asoma a reverencia do artista cara aos seus ídolos. Estará dispoñible nuns meses (á procura está dun selo inetresado) e púxolle o título de "Live in Heartland". Para escoitar algunhas das cancións deste disco onde se inclúen dúas versións (de Bowie e Inmaculate Fools) estivo no programa acompañado pola súa banda (Volker, que é alemán; Jaime, Jesús e Gonzalo e só nos faltou Eduardo).
Preme AQUI para escoitar o programa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario