21 de xul. de 2011

EXCURSIÓN AS CIES DENDE CAMBADOS

Os vindeiros 24 e 31 de xullo “Despedidas e Espactáculos”, empresa de Pontevedra,  organiza unha excursión as Illas Cies.  As saídas serán dende Cambados , Vilanova e Vilagarcia (en autobús) con chegada a Vigo, e unha vez embarcados procéderase a un paseo en barco ate as Illas Cies, lugo xa nas illas farase a roteiro do Alto de Principe, visitando a Praia de Rodas, as Dunas e o Lago, o Centro de inrterpretación da natureza, Praia de Figueiras e Alto do Principe. Pola tarde os excursionistas terán tempo libre para ir a Praia, logo Terán un paseo en barco ata Vigo e volta a casa tamén en autobús. O prezo por adulto é de 35 € adulto e de 25 € neno. No prezo incluese o desprazaamento en autobús ate o porto de Vigo, desprazamento en barco ate as Illas Cies e roteiro o Faro guiada.  O xantar é opcional, e terá un incremento no prezo de 15 € para os adultos e de 7€ para os nenos. As prazas son limitadas e os que queiran ir teñen que anotarse canto antes nos seguintes teléfonos 986198863 e o 672128099.

Ningún comentario: