Os días 23 e 24 de xullo vai ter lugar no Campo de A Bouza (a 50 metros da praia de Area da Secada) o I Campionato 24 horas de futbol 7 na Illa de Arousa. Haberá premios para os catro primeiros clasificados, a sí o primeiro recibirá 1200 € e trofeo, o segundo 600 € e trofeo, o terceiro 300 euros e trofeo e o cuarto 120 euros e trofeo. A inscripción ten un custo de 130 € e a data límite para inscripción é o vindeiro 19 de xullo. Requírese un mínimo de 28 equipos. O sorteo terá lugar no Pub con de Moucho na Illa de Arousa o vindeiro 19 de xullo ás 22 horas. Para inscribir e contactar cos organizadores podedes chamar os telefonos 655961091 e 645835001, Organiza a Asociación cultural Komaira, colaboran o concello da Illa de Arousa e a Peña Celtista Carcamáns tamén da Illa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario