Luis Aragunde por decreto de marzo pasado “quitoulle” unha multa de 200 € a un vello coñecido da infancia e ex veciño do mesmo por “Estacionar un vehículo en zona reservada a carga e descarga durante as horas de utilización” . O veciño multado presentou as alegacións correspondentes no prazo sinalado e excepcionalmente ,ou pouco común, o axente sancionador presentou un segundo informe “rectificándose na denuncia”, polo que o noso rexidor rematou arquivando o expedente e deixando sen efecto a mesma. Esto é legal?. Pois si, é legal, pero ético non é, sobre todo porque días despois outra persoa tivo a unha infración similar e non tivo máis remedio que abonar o multa o ser sancionado polo "impoluto" rexidor. Hai moitas cousas legais que son inxustas. Coido que a ética e moi importante para un politico e gobernante. Omitimos por razóns obvias do decreto o nome do veciño e o número do axente. CONTINUAR LENDO…

Ningún comentario:
Publicar un comentario