15 de xul. de 2011

O BNG DE CAMBADOS AFIRMA NUNHA NOTA QUE ARAGUNDE FAI MOI POUCO POLO SECTOR DO MAR

Nin decindolle o que vai facer
Aragunde entende a Campana.

O BNG de  Cambados ven de publicar nunha nota de prensa que acaba de pendurar íntegra no seu blog , onde ademais de reseñar as contradiccións entre o Alcalde Luis Aragunde o Presidente de Portos de Galicia , sobre o proxecto do porto deportivo, ven a manifestar que o noso alcalde está a facer pouco o mais ben está a intentar fundir o sector do mar  con actitudes como apoiar a construción dun encoro en Caldas de Reis, de construír unha nefasta rede de saneamento con múltiples puntos de vertido ao mar, de permitir a construción dunha piscifactoría en Tragove sen as condicións de seguridade necesarias para os bancos marisqueiros costeiros, de transformar o banco marisqueiro do Saco en zona C e de promover a construción dunhas comportas no porto de Tragove sen consultar ao sector e sen garantías sobre os posibles efectos negativos  na zona marisqueira do Saco.  Podes ter acceso directo a nota en cuestión premendo AQUI.

Ningún comentario: