19 de xul. de 2011

OS CARTEIRISTAS “FIXERON O AGOSTO” EN SAN BIEITO EN FEFIÑANS

Pese as advertencias a xente cada vez é mais descoidada , e a verdade que non están os tempos como para ir facilitándolle a labor os carteiristas. Así o cura-parroco José Aldao advirte o comezo de cada misa da presencia de carteiristas dentro da igrexa, que non deixa de ser peculiar o aviso, aínda así un veciño de Vilariño nada mais oír  o aviso do cura botou a man a carteira e comprobou que fora vítima dos carteiristas, desta vez os delincuentes leváronse un suculento botín pois o veciño en cuestión levaba na súa carteira nada máis e nada menos que 400 euros así como diversa documentación. Outra da vítimas destes furtos foi o pai dunha destacada personaxe política do noso pobo, que tamén nada máis oír o aviso quixo comprobar se tiña a carteira, pero xa lle “voará”, esta vez o botín foi de 70 euros e tamén documentación. E non só houbo vítimas dentro da igrexa tamén un veciño de Pontevedra, denunciou que fora obxecto dun furto aínda que deste descoñecese a cantidade roubada.  Dende aquí queremos advertir que o Albariño está aí e os carteiristas , nunca tan ben dito para época, volverán a achegarse a Cambados para  facer o seu agosto.

Ningún comentario: