12 de xul. de 2011

VOLANDEIRA GRAN ANIMADORA DA FESTA DE SAN BIEITO

Petra e Benito

Coma sempre San Bieito ten unha capacidade de convocatoria fora do normal e este ano non foi a excepción, non había o apuro do ano pasado da final do mundial de fútbol  cando se celebrou, ainda que non figure no record Ginnes, a precesión máis rápida de toda a historia de San Bieto. Este ano quero destacar unha cousa que toda a prensa de Arousa pasou por alto, nin tan sequera unha foto, e refirome o esforzó e traballo realizado pola Asociación Obradoiro Volandeira de Cambados, quenes animaron tanto a mañan como a tarde ben con seu grupo de gaitas, ben coas suas pandereteiras, ben co grupo de bailes da sección infantil ou ben os papamoscas Petra e Benito, a todo esto de xeito altruista, evindetemente ningúen de Volandeira actua  para que lle recoñezan a súa labor senón que o fan porque lles gusta, porque queren revitalizar as  nosas costumes, porque fan país,  pero todo ser human ten un pouquiño de orgullo e non senta nada mal que de vez en cando recoñezamos a labor que está a facer esta asociación en Cambados,  (Podes ver unhhas fotos da festa na columna da dereita).

Ningún comentario: