Falta pouco máis dun mes para a nosa concentración,que será o 21 de Agosto, e a partir de agora comezamos a darvos información respecto diso.
Como cousas especiais, este ano os que vingades en motos anteriores ao ano 1945, non teredes que pagar nada, teredes inscrición gratuíta. Intentamos con iso, fomentar que todos os que teñades algunha moto que cumpra ese requisito, traiádela, aínda que non sexa a máis cómoda para facer o percorrido, e conseguir así realzar máis a concentración.
O prazo de preinscrición, que é obrigatoria, termina o dia 18 de Agosto. CONTINUAR LENDO...

Ningún comentario:
Publicar un comentario